A RIS3T
A Estratexia de Especialización intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3T) é unha iniciativa pioneira, por tratarse da primeira RIS3 transfonteiriza en Europa.
O seu obxectivo é aliñar as políticas de apoio á innovación na Eurorrexión e poñer en marcha proxectos coordinados.
A implementación desta Estratexia estase a realizar a través do proxecto Impact RIS3T, que inclúe actuacións enacamiñadas a potenciar as capacidades das entidades participantes e aproveitar as sinerxías da Eurorrexión, optimizando así recursos públicos.
A estratexia RIS3T desenvólvese a través de 6 áreas de colaboración.

Observatorio I+D+i
O Observatorio de I+D+i da Eurorrexión ten como obxectivo crear un sistema de información para a análise, comparación e seguimento das dinámicas de innovación transfronteiriza.
Entre os resultados agardados atópase aumentar a capacidade de captación de financiamento e lograr unha maior eficacia na utilización dos Fondos europeos.