O proxecto europeo BIOMAT acaba de lanzar a súa primeira convocatoria para apoiar ás empresas interesadas en nanomateriais de base biolóxica. BIOMAT presta servizos de transferencia de tecnoloxía e apoia o desenvolvemento, testeo e escalado da innovación en espumas de biopoliuretano.

BIOMAT contará con dúas convocatorias, sendo a primeira entre xaneiro e marzo e unha segunda entre maio e xullo de 2023. Están abertas a empresas da industria do poliuretano dossectores da construción, edificación, automoción, mobiliario e acolchados.

O vindeiro mércores 18 de xaneiro ás 10:30 terá lugar un taller en Vila Nova de Famalicão, Portugal, que será tamén retransmitido en liña. Este taller constitúe unha boa oportunidade para descubrir como beneficiarse deste conxunto de tecnoloxías multidisciplinares, instalacións de última xeración en centros de investigación e empresas innovadoras que BIOMAT ofrece.

Ler máis