As seis universidades públicas da nosa Eurorrexión acaban de concluir unha decisiva etapa para converterse na bisagra que dea unha resposta competitiva aos desafíos que se colocan, a un lado e outro da Raia, deixando a un lado as fronteras, o que moitos considerarían imposible hai poucos años. Falamos do proyecto “Universidades Sen Fronteiras”, que deu orixe ao Máster en Desafíos das Cidades, ao Máster en Dereito Transnacional da Empresa e Tecnoloxías Dixitais, ao Doutorado en Ciencias Sociais e Envellecemento e ao Doutorado en Matemática e Aplicacións. O que foi posible grazas aos equipos reitorais das seis universidades públicas da Eurorrexión, pero, sobre todo, ao Centro de Estudos Euro Rexionais (CEER) que as asocia, e que o xestionou co apoio do Programa INTERREG POCTEP.

Máis información