O proxecto europeo ‘HI_MOV Corredor Tecnológico Transfronterizo de Movilidad con Hidrógeno Renovable’ tratará de articular un ecosistema que impulse na Eurorregión Galicia-Norte de Portugal unha cadea de valor en torno a esta enerxía verde e contribuír a unha mobilidade sostible baseada en fontes renovables.

A iniciativa durará 36 meses e centrarase en analizar as potencialidades do hidróxeno renovable como vector de mobilidade no eixo Galicia-Norte de Portugal, mellorar a capacitación e o posicionamento tecnolóxico das entidades da Eurorrexión na industria emerxente ao redor do hidróxeno, desenvolver conxuntamente solucións tecnolóxicas desa fonte e demostrar a viabilidade do seu uso mediante probas piloto.

Máis información