A Estratexia de Especialización intelixente é unha iniciativa pioneira, por tratarse da primeira RIS3 transfonteiriza en Europa..
O seu obxectivo é aliñar as políticas de apoio á innovación na Eurorrexión e poñer en marcha proxectos coordinados.
A implementación desta Estratexia estase a realizar a través do proxecto Impact RIS3T, que inclúe actuacións enacamiñadas a potenciar as capacidades das entidades participantes e aproveitar as sinerxías da Eurorrexión, optimizando así recursos públicos.
A estratexia RIS3T desenvólvese a través de 6 áreas de colaboración.
Actividade e obxectivos
Observatorio I+D+i na Eurorrexión
Oportunidades de financiamento
Foro da RIS3T
Formación
A estratexia
A construción de estratexias rexionais de especialización intelixente permitiu identificar, tanto en Galicia como no Norte de Portugal, aquelas prioridades que deben guiar a implantación das políticas públicas e a asignación dos recursos financeiros no eido da I+D+i.
Esta identificación de prioridades, xunto coa iniciativa dos actores implicados, abriu a oportunidade de preparar unha estratexia conxunta que establecese as liñas comúns.
Cooperación transrexional
- Competitividade
- Crecemento económico
- Emprego sostible e de calidade
- Escala
- Sofisticación
- Complexidade
- Alcance
Beneficios compartidos
Gobernanza
Estrutura de xestión conformada por un Comité de Dirección e un Equipo Xestor, que se apoia nos Grupos de Traballo.
a) Comité de Dirección: órgano de goberno encargado da coordinación estratéxica. Formado por representantes de alto nivel da CCDRN na Rexión Norte e de Gain en Galicia.
b) Equipo xestor (Secretaría Técnica): composto por persoal técnico de Gain e da CCDRN.
c) Grupos de Traballo: coordinados polo equipo xestor e formados polos principais stakeholders de entidades dos Sistemas de Innovación Rexionais e da cadea de valor da innovación.