Os axentes destacaron en xeral todo o relativo á aplicación das TICs ó turismo sinalando especialmente a importancia de colaborar en proxectos relativos á valorización do mar e do turismo náutico fronte a outros tipos de turismo sobre os que se lle consultaba, como pode ser o turismo de saúde.

Industrias creativas e turismo

TIPOS DE ACTUACIÓNS PRIORIZADAS NA ÁREA DE MODERNIZACIÓN DAS INDUSTRIAS TURÍSTICAS E CREATIVAS, TAMÉN MEDIANTE AS TIC

  • Actuacións de mellora en todas as fases da cadea produtiva ó redor de tres áreas de actuación: contidos innovadores, novos produtos turísticos e novas actividades económicas nas industrias creativas e no turismo.
  • Actuacións que apliquen as TICs para o turismo e industrias culturais.
  • Actuacións que valoricen os recursos do mar e o turismo náutico.
  • Actuacións que promovan o turismo de saúde e benestar apoiado en infraestruturas turísticas e culturais como pode ser o termalismo e a talasoterapia.
  • Calquera outra iniciativa que valorice os recursos turísticos (naturais e culturais) endóxenos da Eurorrexión e aceleren novos modelos de negocio a partir da aplicación das TICs.