Sector da biomasa: existen sinerxías claras entre as Estratexias RIS3 de Galicia e do Norte de Portugal en relación ás fontes de xeración de enerxía fundamentalmente procedentes de residuos e subprodutos, esencialmente do sector agroforestal.

Enerxía mariña: existe unha converxencia en termos do uso específico dos recursos asociados co mar, Blue Growth, e máis en concreto ó potencial de xeración enerxética a partir das ondas e o vento, sen descartar outras fontes como as algas.

Enerxías mariñas e biomasa

TIPOS DE ACTUACIÓNS PRIORIZADAS NA ÁREA DE APROVEITAMENTO DE ENERXÍA PROCEDENTE DA BIOMASA E DO MAR

  • Actuacións que valoren economicamente os recursos e activos do mar.
  • Actuacións relacionadas co cultivo de algas e aplicación de residuos e subprodutos na produción de biocombustibles.
  • Actuacións que valoricen o potencial asociado á biomasa resultante da produción agroforestal.
  • Actuacións que desenvolvan e demostren tecnoloxías para o aproveitamento de enerxías mariñas (mareomotriz e eólica) e desenvolvan os bloques construtivos fundamentais ós sistemas mariños.
  • Calquera outra iniciativa que contribúa ó desenvolvemento dun sector económico “verde”, por exemplo, a través da promoción do uso de recursos enerxéticos autóctonos baseados nas enerxías mariñas e biomasa.