No marco da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal, a Agência Nacional de Innovação (ANI) , conxuntamente coa Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N)  están a organizar un evento de brokerage tecnolóxico co obxectivo de promover o encontro entre a oferta e demanda de capacidades e ideas para impulsar novos proxectos de I+D+i en colaboracion, nas áreas de especialización das rexións de Galicia e de Norte.

Este evento será o primeiro brokerage tecnolóxico orientado a Horizonte Europa no conxunto das dúas rexións.

O evento está organizado co apoio da EEN – Enterprise Europe Network, e en colaboración co CDTI (Centro para el Desarollo Tecnolóxico Industrial) e a AICIB (Agência de Investigação Clínica e Inovação Biomédica).

Realizaranse catro sesións temáticas paralelas, dinamizadas polos Puntos Nacionais de Contacto dos ámbitos de Horizonte Europa, para a presentación e discusión de oportunidades de financiamento e desenvolvemento de consorcios.