O Plan de Investimentos Conxuntos (PIC) da Eurorrexión 2021-2027 contemplará unha estratexia de resposta a crise, en especial sanitarias, e apostará pola innovación, a ecoloxía, a cohesión e o reto demográfico.

Así o avanzou o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, no marco dunha visita á sede da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (AECT) na que se abordaron as actividades desenvolvidas pola entidade este ano. Así mesmo, avaliouse o novo plan de investimentos, cuxa aprobación está prevista para o próximo pleno da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal..

Ler máis